26.10.07

Kiko da Silva, galardoado co premio Xoán Manuel Pintos






Déixovos a noticia que sae hoxe en La Voz de Galicia:

A mención recoñece o compromiso do ilustrador coa lingua galega

La Voz de Galicia. María Conde
Foto: Ramón Capotillo

O debuxante de La Voz de Galicia Kiko da Silva acaba de ser galardoado co premio Xoán Manuel Pintos que concede o Concello pontevedrés para recoñecer a aquelas persoas e entidades que destacan polo seu labor de impulso da lingua galega. Ademáis, o premio pretende tamén manter viva a memoria do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos, figura central do Rexurdimento.
No caso de Da Silva, premiado no ámbito local, o xurado destacou «ou seu compromiso constante co galego» como exemplo de normalidade no uso da lingua desde o mundo da ilustración, o humor gráfico e a banda deseñada.

«Ademáis -engade o texto do comunicado do xurado- polo seu traballo e pola súa idade, constitúe un referente no uso normal da lingua para a sociedade e, de maneira especial, para a xente nova».

O artista amosouse onte «asombrado» pola concesión deste galardón, «sobre todo polos anos que teño», dixo. Pero agradeceu este recoñecemento, «que é un orgullo e anima, cando ademáis acábome de meter noutra lea». Da Silva refírese ao seu novo proxecto, a revista Retranca, que sairá á venda o vindeiro mes de novembro e na que pretende recuperar o humor galego. Nestes intres, o ilustrador traballa asimesmo na creación dun mural nas paredes da sala infantil da biblioteca pública, do que xa leva feitos dous debuxos.

«Esto é un sinal de que a xente está pendente do que fago e que ten un interese -engadiu o ilustrador-. E sobre todo, anima tamén vendo quen son os premiados dos anos anteriores».
Precisamente, o galardoado do 2006, o xuiz da Audiencia Provincial Xosé Barreiro Prado, foi un dos integrantes do xurado que premiou a Kiko da Silva.

Xunto a el estiveron a concelleira de Normalización Lingüística, Anxos Riveiro; Leonor González Prieto, ex presidenta da APDR; o artista Antón Sobral; Eva Alonso, representante do Colexio Profesional de Xornalistas; María Xosé Hervés Santiago, representante do equipo de normalización lingüística do IES Carlos Oroza; Mercedes Vázquez, da Asociación MaisLibros e Xosé Fernando Filgueira, da Fundación Filgueira Valverde, entre outros.

Xunto ao ilustrador resultou tamén premiada no ámbito de Galicia a asociación Puntogal, polo labor que desenvolve desde xuño do 2006 para conseguir que a lingua e a cultura galega teñan un dominio propio en Internet.

Este dominio, segundo o xurado, axudará «a situar a Galicia na Rede como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos e sociais». Puntogal conta co apoio de diversos organismos e asociacións galegas do ámbito cultural, lingüístico e da comunicación.
A entrega destes galardóns terá lugar no transcurso dunha cea o vindeiro 16 de novembro, no Pazo da Cultura pontevedrés.

7 comentarios:

An dijo...

Como xa che dixen...noraboa polo galador que reciviches :) Saudos, ata o mercores

r.r. dijo...

¡Noraboa!
Eu xa ando por tódolos kioskos preguntando pola revista...

An dijo...

Moiu boa a presentación de onte, perdoa que liscase tan cedo, pero e que a miña compañeira topabase un chisco descolocada :P non che é o seu ambiente :) Saudos e sorte

KIKO DA SILVA dijo...

Graciñas, An, tranquilo onte estaba eu desbordado, moitas grazas a todos e todas que me arropáchedes na presentación de Retranca, estou moi contento de como saíu todo. Agora xa está botado o barco da retranca ao mar, temos que agardar a ver que tal lle vai na viaxe.

r.r. a revista estará nos quioscos sobre o 5-6 de novembro. Agardo que che guste.

Saúdos kiko da silva

Maria Vilar dijo...

Moitas felicidades, Kiko, merécelo!!
Moitos bicos,
e alégrome da saída da Retranca!!

Karla dijo...

Vaia! Ante todo, noraboa! E con respecto ao mural, xa teño ganas de ter uns días e voltar por Pontevedra, pra tentar cheirar como vai.
Parabéns de novo, meu!

torredebabel dijo...

Noraboa!!!!!