10.3.08

ESTAN TOLOS ESTOS GALEGOS

O Centro de Estudos Galegos de Rennes achega BD ás súas xornadas Os vindeiros días 11 e 12 de marzo o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Rennes celebra as súas Journées d`études galiciennes, e o primeiro destes días estará centrado na banda deseñada. Unha conferencia de Henrique Torreiro achegaralle aos bretóns unha visión sobre a actualidade da banda deseñada do país. Pouco despois, o autor Kiko da Silva será o encargado de amosar nun obradoiro como se crean personaxes de banda deseñada en Estados Unidos, Xapón e Europa e mais as diferenzas narrativas entre estes tes grandes bloques editoriais. (www.culturagalega.org)


O título da miña conferencia é ESTÁN TOLOS ESTOS GALEGOS!!!

Un saúdo dende a terra de Asterix,
kiko da silva

1 comentario:

Elisabeth dijo...

Ola (ou Onda, como prefiras), cheguei a este blogue buscando onde vos deixar os parabéns a toda a Santa Compaña depois de ter lido o número Un de "Retranca", agora toca ler as outras catro.
Adorei o inxenio e encantaríame resaltar o artículo de Manuel O' Rivas, o final é para levantar o chapeu. Eu digo: "abofé que sí, que os pobres sempre fomos feos, tivemos casas vellas e feas, roupa fea, cortes de cabelo feos porque o corta algún familiar..."
Grazas por nos facer rir pensando ou pansar rindo.
Un saúdo