26.5.08

PORTADAS EL JUEVES !!! by Kiko da Silva




Esta semana la portada de la revista EL JUEVES, tiene un guión mío (ilustrado con un fabuloso dibujo de Pedro Vera... aunque se han olvidado firmarlo... sinf). Además en el interior hice una portadilla porque "sólo hay una portada pero teníamos más". Pues eso, que a comprase todo quisque El Jueves de esta semana, que es una guía fundamental para los fans de Indiana Jones.



PORTADAS EL JUEVES !!! By Kiko da Silva

Esta semán a portada da revista EL JUEVES, ten un guión meu (ilustrado cun fabuloso debuxo de Pedro Vera... aínda que se esqueceron asinalo... sinf). Ademais no interior fixen unha portadilla porque "só hai unha portada pero tiñamos máis". Pois iso, que a comprar todo quisque El Jueves desta semán, que é unha guía fundamental para os fans de Indiana Jones.

4.5.08

KIKO DA SILVA NO PAÍS DOS ANANOS



Hoxe, domingo, día 04/05/2008 as 21,22 da noite na TVG.

A viaxe ao país dos ananos achegará hoxe unha serie de reflexións sobre o humor na sociedade e entre as persoas. Se acaso os galegos teñen un humor particular, cal é o humor dos ananos? De que rin? Que os pon de bo humor? Teñen cóxegas? Quen ten peor humor na casa? Que é a retranca? Os nenos contestarán estas e outras preguntas, e irase indagando no concepto do humor coa axuda de Farruco e do humorista gráfico Kiko Dasilva. Tamén visitarán o país dos ananos dúas das cómicas máis queridas polos nenos, que son Dorotea Bárcena e Mariana Carballal (Amadora e Maribel en O Show dos Tonechos). Saber como pensan hoxe os nenos galegos e cal é a súa visión do mundo dos adultos ofrece unha idea de como se irá conformando a sociedade galega do futuro. Cuestións concretas sobre como ven eles o mundo dos maiores serán formuladas pola presentadora, Belén Regueira.