5.6.09

SE BUSCA ESTE ORIGINAL!!!

Llevo varios años buscado este original de mi libro Moncho y la mancha.
Le perdí la pista por Barcelona, sé que andubo en algún escaparate de librerías para promocionar el libro, pero nunca más me fué devuelto. Como ya no sé por donde buscar os pido ayuda para localizarlo. Es un original grande, realizado en cerámica y cemento, vamos que no se puede traspapelar...

Por favor, si alguien lo ha visto o sabe donde está que se ponga en contacto conmigo, ya que me gustaría recuperarlo.

Escribir a: Kiko.dasilva@gmail.com

BÚSCASE ESTE ORIXINAL!!!

Levo varios anos buscado este orixinal do meu libro Moncho e a mancha. Perdinlle a pista por Barcelona, sei que andibo nalgún escaparate de librarías para promocionar o libro, pero nunca máis me foié devolto. Como xa non sei por onde buscar pídovos axuda para localizalo. É un orixinal grande, realizado en cerámica e cemento, vamos que non se pode traspapelar...

Por favor, se alguén o viu ou sabe onde está que se poña en contacto comigo, xa que me gustaría recuperalo.

Escribira : kiko.dasilva@gmail.com

6 comentarios:

An dijo...

Sorte, dame a min que che vai ser dificll recuperalo. unha magoa. Saúdos e apertas

Toni dijo...

moito amigo do alleo vexo por aí ;¬)
sorte Kiko!

Miki dijo...

Estos que nos habias enseñado cuando nos diste clase se salen. La verdad es que son una movida hacerlo con cemento y quedan genial.
Mucha suerte con la busqueda.

Dr Smurf dijo...

Con tempo, sorte e tesón, estas cousas perdidas acaban por recuperarse. Así que ánimo.

Quixera aproveitar para agradecerche o esforzo que estás a facer por darlle pulo á banda deseñada galega. Paréceme encomiable, meritorio e digno de admiración.

Só che podo chamar a atención por un pequeno detalle. Trata, por favor, de coidar un pouco máis a corrección lingüística. E dígocho tanto a ti como llelo podo dicir a outros autores, como puiden comprobar en Retranca -non ocorre con todos, nin moito menos, conste-.
Por exemplo, nesta entrada empregas a forma 'andubo' no canto do correcto en castelán 'anduvo'. E o mesmo ocorre co forma galega, posto que usas 'andibo' en lugar do correcto 'andou'. Creo que é ben fácil coidar o nivel de corrección lingüística. Recorrede a correctores se é preciso, que o que fan tódalas editoriais. Eu mesmo, humilde redactor, ofrézome a botarvos unha man se é necesario.

Unha vez botado o sermón, agradecerche/vos unha vez máis o voso esforzo e dedicación.

Chus Lama dijo...

Kiko, sinto que o meu comentario non sexa para localizar o debuxo, pero teño que dicirche que o meu fillo pequeno viviu case un ano enteiro (creo que o seu terceiro) obsesionado con este conto que lle encantaba. Temos a versión catalana e tiña que contarlle cada noite o seu "Bernat i la taca" e ata o levabamos cando saiamos de viaxe, porque á hora de durmir, se faltaba "Bernat i la taca" era un drama. Esta ilustración concretamente deunos para moitos comentarios e observacións e sempre que atopabamos un barrendeiro pola rúa (aínda queda algún) dicía entusiasmado "Mamá, mamá, mira o señor de Bernat i la taca". Gustaríame (gustaríanos) moito poder ver ese orixinal algunha vez, así que espero que apareza, de tot cor. Se podemos axudar facendo algunha pesquisa por Barcelona, a mandar.