14.12.09

UNA BIBLIOTECA DE CUENTO




Foto: Ramón Capotillo/Texto: María Conde /Fuente: La Voz de Galicia


Está a punto de culminar un arduo trabajo de dos años que él define como su «regalo a la ciudad». Y este es un regalo de arte y de cuento porque Kiko da Silva tiene casi completada la serie de murales con los que ha decorado la sala infantil de la Biblioteca Pública. Se trata de ocho escenas (cuatro de ellas ocupan la totalidad de sus respectivas paredes y el resto son de menor tamaño) que representan un viaje por la historia haciendo guiños a las distintas etapas de la literatura. Están representados los libros de aventuras, los cómics o momentos como la Edad de Piedra en la que no existía el papel. «La idea es que los niños a medida que se muevan por la sala viajen en el tiempo», subraya. Los cuatro murales de mayor tamaño representan la Prehistoria, Grecia y Roma, la civilización de Egipto -con un guiño al cine de la mano de Indiana Jones- y el mural del futuro, que es un homenaje al cómic de Calvin y Hobbes, del autor Bill Watterson. Calvin es un imaginativo niño de seis años que se acompaña de su enérgico tigre Hobbes y que siempre acaba dándose la gran torta. Aquí Da Silva muestra al niño protagonista de todos los murales en una nave espacial que también acaba estrellándose al encontrarse con un dragón.
Siquereis leer el resto del reportaje pinchar AQUÍ
UNHA BIBLIOTECA DE CONTO
Está a piques de culminar un arduo traballo de dous anos que el define como o seu «agasallo á cidade». E este é un agasallo de arte e de conto porque Kiko da Silva ten case completada a serie de murais cos que decorou a sala infantil da Biblioteca Pública. Trátase de oito escenas (catro delas ocupan a totalidade das súas respectivas paredes e o resto son de menor tamaño) que representan unha viaxe pola historia facendo chiscadelas ás distintas etapas da literatura. Están representados os libros de aventuras, os cómics ou momentos como a Idade de Pedra na que non existía o papel. «A idea é que os nenos a medida que se movan pola sala viaxen no tempo», subliña. Os catro murais de maior tamaño representan a Prehistoria, Grecia e Roma, a civilización de Exipto -cunha chiscadela ao cine da man de Indiana Jones e o mural do futuro, que é unha homenaxe ao cómic de Calvin e Hobbes, do autor Bill Watterson. Calvin é un imaxinativo neno de seis anos que se acompaña do seu enérxico tigre Hobbes e que sempre acaba dándose o gran sopapo. Aquí Da Silva mostra ao neno protagonista de todos os murais nunha nave espacial que tamén acaba estrelándose ao atoparse cun dragón.
Se queredes ler o resto da reportaxe pinchade AQUÍ

1 comentario:

An dijo...

Parabens Kiko, coma ben dis é un legado a cidade...Saúdos e apertas