31.7.13

NACE OINK! A revista do XABARÍN CLUB



Nun tempo en que todo o dirixido á rapazada pasa polas factorías das grandes marcas. Cando todo o que se pensa para nenas ten forma de princesa rosa e para nenos forma de superheroe. Agora que os libros, as películas, a roupa e mesmo os iogures están inzados cheos dos mesmos personaxes infantís co único obxectivo de vender, nace algo diferente: Oink! A revista do Xabarín Club, unha revista mensual pensada para os máis novos

INGREDIENTES

- Banda deseñada: autores de distintos estilos sacan o seu lapis e fan viñetas e ilustracións orixinais para ledicia dos pequenos (e non tan pequenos). Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto, daranse cita todos os meses para contaren as últimas aventuras dos seus personaxes ou para ilustraren fantásticos artigos.

- Contidos coidados e que teñan algo que achegar. Arte, historia, ciencia, deportes, actualidade… tratados dunha forma diferente e divertida.

- Deseño atractivo: o noso departamento de deseño adobía todo coas súas mellores galas. Cunha estética coidada e dinámica logramos que os peques se enganchen.

- E o noso INGREDIENTE SECRETO: o Xabarín. Este porco que leva case 20 anos dando guerra na TVG e que lles acompañará na viaxe que Oink! pretende ser cada mes


Presentarase o nº 0 en VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO o sábado 10 de agosto as 12,00 h.:

WEB da revista: http://revistaoink.com/

Máis información en: http://agalip.es/gl/2013/07/31/nace-oink-a-revista-do-xabarin-club/

Nas páxinas de OINK!, a parte de ser o encargado da dirección de arte de Banda Deseñada, farei novas aventuras do meu personaxe FIZ, o neno máis porco do mundo, e a sección de Aprende a debuxar Cómics con Fiz.


1 comentario:

Oscar Fernandez Blanco dijo...

Hola me llamo Oscar y me gusta dibujar y bueno estoy en el centro del Avelino Montero (Pontevedra) y tengo un educador que se llama Cáceres y me ha hablado de ti y me ha dicho que me podrías dar algún consejo, me gustaria contactar contigo.