26.10.07

Kiko da Silva, galardoado co premio Xoán Manuel Pintos






Déixovos a noticia que sae hoxe en La Voz de Galicia:

A mención recoñece o compromiso do ilustrador coa lingua galega

La Voz de Galicia. María Conde
Foto: Ramón Capotillo

O debuxante de La Voz de Galicia Kiko da Silva acaba de ser galardoado co premio Xoán Manuel Pintos que concede o Concello pontevedrés para recoñecer a aquelas persoas e entidades que destacan polo seu labor de impulso da lingua galega. Ademáis, o premio pretende tamén manter viva a memoria do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos, figura central do Rexurdimento.
No caso de Da Silva, premiado no ámbito local, o xurado destacou «ou seu compromiso constante co galego» como exemplo de normalidade no uso da lingua desde o mundo da ilustración, o humor gráfico e a banda deseñada.

«Ademáis -engade o texto do comunicado do xurado- polo seu traballo e pola súa idade, constitúe un referente no uso normal da lingua para a sociedade e, de maneira especial, para a xente nova».

O artista amosouse onte «asombrado» pola concesión deste galardón, «sobre todo polos anos que teño», dixo. Pero agradeceu este recoñecemento, «que é un orgullo e anima, cando ademáis acábome de meter noutra lea». Da Silva refírese ao seu novo proxecto, a revista Retranca, que sairá á venda o vindeiro mes de novembro e na que pretende recuperar o humor galego. Nestes intres, o ilustrador traballa asimesmo na creación dun mural nas paredes da sala infantil da biblioteca pública, do que xa leva feitos dous debuxos.

«Esto é un sinal de que a xente está pendente do que fago e que ten un interese -engadiu o ilustrador-. E sobre todo, anima tamén vendo quen son os premiados dos anos anteriores».
Precisamente, o galardoado do 2006, o xuiz da Audiencia Provincial Xosé Barreiro Prado, foi un dos integrantes do xurado que premiou a Kiko da Silva.

Xunto a el estiveron a concelleira de Normalización Lingüística, Anxos Riveiro; Leonor González Prieto, ex presidenta da APDR; o artista Antón Sobral; Eva Alonso, representante do Colexio Profesional de Xornalistas; María Xosé Hervés Santiago, representante do equipo de normalización lingüística do IES Carlos Oroza; Mercedes Vázquez, da Asociación MaisLibros e Xosé Fernando Filgueira, da Fundación Filgueira Valverde, entre outros.

Xunto ao ilustrador resultou tamén premiada no ámbito de Galicia a asociación Puntogal, polo labor que desenvolve desde xuño do 2006 para conseguir que a lingua e a cultura galega teñan un dominio propio en Internet.

Este dominio, segundo o xurado, axudará «a situar a Galicia na Rede como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos e sociais». Puntogal conta co apoio de diversos organismos e asociacións galegas do ámbito cultural, lingüístico e da comunicación.
A entrega destes galardóns terá lugar no transcurso dunha cea o vindeiro 16 de novembro, no Pazo da Cultura pontevedrés.

24.10.07

SOLUCIÓN AO MISTERIO!!!



A Retranca chega aos quioscos

Preséntase Retranca unha revista que aposta por recuperar o humor galego co lema "lerasnos de morto se non nos les de vivo"

A partir deste mes de novembro os galegos teremos unha cita mensual co sorriso nos nosos quioscos. O Café Moderno de Caixa Galicia, en Pontevedra, acolle o vindeiro día 31 de outubro ás oito da tarde (noite se Samaín) a presentación de Retranca. Esta nova revista chega ao mercado disposta a recuperar a longa tradición humorística galega e conta coa Santa Compaña coma Mascota, baixo o lema "Lerasnos de morto se non nos les de vivo". O feísmo é o tema principal do primeiro número desta publicación, que agasalla os lectores cunha foto do rei "que espertará as paixóns máis ardentes", advirte o envoltorio. A proposta chegará a primeira semana de novembro ao público a través dos quioscos de todo o país, cunha distribución de 8.000 exemplares que se venderán a un prezo de 2,20 euros cada un.

A Kiko da Silva, director e promotor do proxecto, súmanse nestas páxinas auténticas estrelas como son as firmas de Manuel Rivas e Miguelanxo Prado. Canda eles, autores xa coñecidos dos xornais galegos coma Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila ou Andrés Meixide. Alberto Guitián, Jacobo Fernández ou os colectivos Pestinho+1 e Reizentolo, entre outros son algúns dos colaboradores galaicos do proxecto. Desde fóra do país achegan a súa ollada os coñecidos Idígoras & Pachi ou Mel, coñecidos polas súas colaboracións en El Mundo ou El Jueves. Boa parte destes autores participarán no evento de presentación.

Non faltedes a presentación o vindeiro 31 de outubro ás 20 h. no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia (Pza de San Xosé, Pontevedra)... Haberá humor, música e pinchiños!!!

19.10.07

MISTERIO MISTERIOSO


16.10.07

CINCO EN CONSERVA , NUEVA SERIE DE LA REVISTA AMANÍACO


Acaba de salir al mercado el número 2 de la revista Amaníaco, dirigida y editada por Jordi Coll. A partir de este número publico una nueva serie: "Cinco en conserva", que narra en clave de humor la delirante y cansina vida de unos estudiantes que comparten piso con una rata llamada Tripi Maus.

Una revista llena de historietas de risa de la buena con más de 100 autores, en color y blanco y negro y por tan sólo 6 euros... vamos una ganga!!! Venga a que esperas, vete a tu librería y encárgala... que se acaba!!!

http://www.amaniaco.com/

CINCO EN CONSERVA, NOVA SERIE DA REVISTA AMANÍACO

Acaba de sair ao mercado o número 2 da revista Amaníaco, dirixida e editada por Jordi Coll. A partir deste número publico unha nova serie: "Cinco en conserva", que narra en clave de humor a delirante e cansina vida duns estudantes que comparten piso cunha rata chamada Tripi Maus.

Unha revista chea de historietas de risa da boa con máis de 100 autores, en cor e branco e negro e por tan só 6 euros... vamos unha ganga!!! Veña a que esperas, che ve á tua libraria e encárgaa ... que se acaba!!!

http://www.amaniaco.com/

8.10.07

EL PATERACHÍS Y EL CAYUCO DE LA OCA REGALOS DE "EL JUEVES" !!!



EL JUEVES de esta semana ESPECIAL INMIGRANTES, regala unos juegos diseñados y dibujados por mí. Nada más y nada menos que los auténticos Juegos Desunidos, como nunca los habías visto antes: EL PATERACHÍS Y EL CAYUCO DE LA OCA!!!

No os quejareis, ahora ya sólo os queda esperar a que la crisis de la vivienda nos deje a todos muertos de hambre y nos obligue a meternos en una patera rumbo a otro país, para disfrutar y sacarle el máximo provecho a estos juegos. Tranquilos, no seáis impacientes, la crisis está al caer.

http://www.eljueves.es/revista/revista.aspx
QUE LOS DISFRUTEIS!
Saludos, Kiko Da Silva.


EL PATERACHÍS Y EL CAYUCO DE LA OCA AGASALLO DE "EL JUEVES" !!!

EL JUEVES desta semana ESPECIAL IMIGRANTES, regala uns xogos deseñados e debuxados por min. Nada mais e nada menos que os auténticos Juegos Desunidos, como nunca os viras antes: EL PATERACHÍS y EL CAYUCO DA OCA!!!

Non vos quexaredes, agora xa só vos fica esperar a que a crise da vivenda nos deixe a todos mortos de fame e nos obrigue a meternos nunha pateira rumbo a outro país, para desfrutar e quitarlle o máximo proveito a estes xogos. Tranquilos, non sexades impacientes, a crise está ao cair.

http://www.eljueves.es/revista/revista.aspx

QUE OS DISFRUTEDES!
Saúdos, Kiko Da Silva.