17.5.12

O GARAXE HERMÉTICO, Escola profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galicia.


O Garaxe Hermético de Kiko da Silva en Ponte.tv

UNHA ESCOLA GALEGA DA BD E A ILUSTRACIÓN

Para ser profesional no campo da banda deseñada ou a ilustración ata o dagora, un tiña que formarse de maneira autodidacta, xa que esta profesión non se imparte nas facultades de Belas Artes españolas, porque a docencia universitaria non considera o cómic unha arte. Eu tamén fun un autor de bd autodidacta, e tiven que aprender a base de copiar a outros autores, ler libros técnicos, e compartir coñecementos con colegas de profesión. Cando xa traballaba como ilustrador e autor de cómics, decidín estudar Belas Artes pensando que tiña algo que ver con aquilo que a min me gustaba, contar historias con imaxes. Pero a decepción foi case inmediata, xa que na carreira atopeime que había un rexeitamento á BD constante, supoño que por mor do descoñecemento, por que como soe suceder en España, os mestres relacionaban o mundo da BD coas historietas para infantís e os superheroes. Cando calquera que profundice na arte da BD descubrirá que é moito máis ca iso. É unha arte nova, que conta con apenas 100 anos e ofrece moitas posibilidades tanto narrativas como plásticas aos autores, xa que aínda queda moito camiño por explorar e moito por experimentar.

O Garaxe Hermético, nace para cubrir este baleiro formativo que temos en Galicia, onde non existía ningunha escola profesional para ser autor de BD, e se querías estudar para ser autor de tebeos tiñas que ir a Madrid ou Barcelona onde existen dende hai vintecinco anos escolas privadas de cómic e ilustración. Tomei a decisión de crear esta escola profesional de BD e ilustración porque levo moitos anos queixándome e escoltando queixarse a moita xente desta falta de formación no campo da BD, e eu son dos que pensa que queixarse non serve para nada, temos que demostrar que se pode facer. Cando comecei a por en marcha este proxecto do Garaxe Hermético tiña clara tres cousas, que na escola tiñan que dar clase profesionais da BD e da ilustración en activo, que debía ser un centro vivo onde se fixeran charlas, presentacións, exposicións de autores profesionais e de alumnos, pero sobre todo un obxetivo fundamental, formar aos autores/as de cómics que leredes no futuro.

Kiko da silva.
Director de O GARAXE HERMÉTICO.
www.ogaraxehermetico.com

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola, me llamo Susana y me gustaría saber si hay cursos infantiles y el precio.

KIKO DA SILVA dijo...

Si Susana tenemos cursos de iniciación de cómic. Ponte en contacto con nosotros por email y te informamos:ogaraxehermetico@gmail.com

Un saludo kiko.