26.7.17

KIKO DA SILVA invitado no FESTIVAL VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2017





















Ya está anunciado... Tengo el grandísimo honor de ser el autor gallego en el XX Viñetas desde o Atlántico. No he faltado ninguna edición, llevo 20 años pasando la segunda semana de agosto en Coruña disfrutando expos, charlas, cómic y amigos. Es un orgullo compartir edición con autores de tal calibre... La verdad me da pudor figurar entre ellos, espero estar a la altura y no defraudar. He preparado una muestra con originales muy distintos desde Fiz, así obras inéditas como Bajo la Sombra de las piedras flotantes, Castelao, Alma Galega e ilustraciones de álbumes ilustrados. Espero que os resulte interesante la selección de más de 40 originales, lápices, procesos e ilustraciones tridimensionales.


Xa está anunciado ... Teño a grande honra de ser o autor galego no XX Viñetas dende ou Atlántico. Non me perdín ningunha edición, levo 20 anos indo a segunda semana de agosto a Coruña para apreciar exposicións, conferencias, mercar cómics e ver amigos. É un orgullo compartir edición con autores deste calibre ... O certo dáme vergonza estar entre eles, espero estar á altura. Eu preparei unha mostra con orixinais moi diferentes de Fiz, así como traballos inéditos como Baixo a sombra das pedras flotantes, Castelao, Alma Galega e ilustracións de libros infatís. Espero que atopedes interesante a selección de máis de 40 orixinais, lápis, procesos e ilustracións tridimensionais. Viñetas celebra os seus primeiros vinte anos cunha reivindicación formal da súa quintaesencia galega.


O elenco de convidados a Viñetas 2017 é moi potente, coa presenza de Bruno Chevrier - Nob, Cameron Stewart, Eduardo Risso, Julie Rocheleau, Kiko Da Silva, Natacha Bustos, Pablo Auladell, Ralph Meyer, Rayco Pulido, Javi Rey, Dave Mckean e Enrique Sánchez Abulí En 2017 cúmprense tamén dez anos da existencia dos Premios Nacionais de Cómic que outorga o Ministerio de Cultura.

É o motivo de que Viñetas se sume á festa e ofreza a exposición “Dez anos de Premios Nacionais”. Aí estarán dende as páxinas do primeiro agasallado, Max, en 2007, ata as do último premiado polo de agora, Pablo Auladell (2016).

Os Premios Nacionais que virán a Viñetas 2017 son Juanjo Guarnido, Sergio Altarriba, Juan Díaz Canales, Santiago Valenzuela, Alfonso Zapico, Pablo Auladell e o propio Miguelanxo Prado. “A banda deseñada galega nos vinte anos de Viñetas” será tamén unha exposición novidosa, cunha retrospectiva-comparativa da evolución de nomes imprescindibles do cómic galego Viñetas engade dúas novas sedes nesta vixésima ocasión: Afundación, da Obra Social Abanca, e a Fundación Barrié.

Como colofón, por primeira vez o festival incluirá un espectáculo audiovisual, "Black Dog, the dreams of Paul Nash" do propio Dave McKean. Tamén por primeira vez na historia do Salón, o cartel deste 2017 non lle foi encargado coma sempre a un dos convidados no 2016, senón a un autor galego con maiúsculas, DasPastoras. Eduardo Risso exporá a súa obra no Kiosco Alfonso. No Kiosco estarán igualmente os orixinais dos convidados Ralph Meyer, Dave McKean e Julie Rocheleau.

O vigués Kiko da Silva, autor multipremiado, director da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración, “O Garaxe Hermético”, contará coa súa propia mostra neste espazo. A sala municipal de exposicións Palexco terá orixinais de Nob (Bruno Chevier), Cameron Stewart, Rayco Pulido e Natacha Bustos. Kiko da Silva é un dos nomes destacados deste Viñetas 2017! Representante do cómic galego!

Entre os seus proxectos máis ambiciosos figura a creación no 2012 da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético (Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa), con mestres profesionais galegos. No 2014 álzase co Premio de Banda Deseñada Castelao pola inusual obra O inferno do debuxante, editada en galego pola Deputación da Coruña e en castelán pola editorial Dibbuks.

Na actualidade segue inmerso na produción da súa próxima novela gráfica Baixo a sombra das pedras flotantes, exerce infatigablemente como director e profesor de O Garaxe Hermético, e ademais encabeza o proxecto Castelao, alma galega en colaboración cun equipo formado por cinco dos seus alumnos máis avantaxados, no que se adaptan ao cómic sete relatos da obra literaria do ilustre Castelao. 

MÁIS INFO: http://www.vinetasdesdeoatlantico.com/