Mostrando entradas con la etiqueta Colección "Os duros" de Galaxia en EL PAÍS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Colección "Os duros" de Galaxia en EL PAÍS. Mostrar todas las entradas

10.11.07

¿QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR? EN EL PAÍS.



A Editorial Galaxia e EL PAIS prantan 22 árbores.

O día 11 de novembro comeza a distribución de 22 títulos da colección "Os Duros" (Árbore) de Editorial Galaxia, en colaboración coa edición galega de EL PAIS.

A iniciativa nace da colaboración entre a edición galega do xornal e Editorial Galaxia, a prol da difusión masiva de títulos de literatura dirixidos aos lectores máis novos, co patrocinio de Caixanova e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A colección Árbore, que dirixe o escritor Xosé Antonio Neira Cruz, dispón dunha tipoloxía específica para este caso: libros moi ben ilustrados, moi coidados na súa edición, encadernados en tapa dura, nos que figura unha notable nónima de autores e autoras, ilustradores e ilustradoras de primeira calidade. Son álbumes ilustrados que entre nós denominamos "os duros".

22 destes títulos saen agora a prezo de un euro con tiraxes certamente extraordinarias. De Lolo anda en bicicleta, de Carlos Casares, con ilustracións de Manuel Uhía, distribuiranse 55.000 exemplares nun só día.

Os libros sairán coa edición galega de EL PAIS tres días á semana, o vindeiro luns 11 de novembro ¿Que contan as ovellas para durmir?, escrito e ilustrado por Kiko da Silva a 1 euro.