10.11.07

¿QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR? EN EL PAÍS.



A Editorial Galaxia e EL PAIS prantan 22 árbores.

O día 11 de novembro comeza a distribución de 22 títulos da colección "Os Duros" (Árbore) de Editorial Galaxia, en colaboración coa edición galega de EL PAIS.

A iniciativa nace da colaboración entre a edición galega do xornal e Editorial Galaxia, a prol da difusión masiva de títulos de literatura dirixidos aos lectores máis novos, co patrocinio de Caixanova e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A colección Árbore, que dirixe o escritor Xosé Antonio Neira Cruz, dispón dunha tipoloxía específica para este caso: libros moi ben ilustrados, moi coidados na súa edición, encadernados en tapa dura, nos que figura unha notable nónima de autores e autoras, ilustradores e ilustradoras de primeira calidade. Son álbumes ilustrados que entre nós denominamos "os duros".

22 destes títulos saen agora a prezo de un euro con tiraxes certamente extraordinarias. De Lolo anda en bicicleta, de Carlos Casares, con ilustracións de Manuel Uhía, distribuiranse 55.000 exemplares nun só día.

Os libros sairán coa edición galega de EL PAIS tres días á semana, o vindeiro luns 11 de novembro ¿Que contan as ovellas para durmir?, escrito e ilustrado por Kiko da Silva a 1 euro.

4 comentarios:

Fuck Comics dijo...

Enorabuena Kiko!!

Muchas gracias por mandar a David Suarez a nosotros pa lo del Fugas de la Voz. Ya nos contó Melo como fue la movida.
Un saludo y gracias.

An dijo...

noraboa kiko, e unha boa noticia para a literatura na nosa lingua, ves, xa teño un motivo para mercar ese xornal a pesares da til :) Saudos

Davida dijo...

De puta madre!!! Ya tenmgo el mio y por solo 2€, jejeje.
Molan a saco las ilustraciones haces en plan maquetitas como figuritas, tiene q ser una curro de la ostia.

Gracias por avisar por aqui.
Un saludo.

An dijo...

XEnial, un libro xenial :) moi boa a iniciativa, e polo que lebo visto moi bos os autores :) Saudos